Summer Camp 2017

Tras despedir o pasado mes de decembro en Santiago de Compostela a sexta edición do seu Campus de Nadal, A Escola Vero Boquete sigue adiante cos seus proxectos e fai realidade o Summer Camp 2017, un campamento de verán que terá lugar nas localidades coruñesas de Porto do Son e Riveira, do 26 de xuño ao 1 de xulio.

Encadrado dentro das actividades da Escola Vero Boquete, o Summer Camp 2017 ten como obxectivo educar en valores como a igualdade, o esforzo e o respecto a través do deporte.

Este campus está destinado a xóvenes de entre 8 e 18 anos, que poderán adaptarse a dúas modalidades:

  • INTERNOS / ALBERGADOS: Inclúe adestramentos de fútbol pola mañá (9:30-13:30), deportes náuticos (surf, vela…) e actividades de tempo libre (escalada, senderismo e veladas nocturnas).
  • EXTERNOS / NON ALBERGADOS: Inclúe adestramentos de fútbol pola mañá (9:30-13:30).

Para levar a cabo este Summer Camp, Vero Boquete apoiarse nun grupo de adestradores cualificados e expertos das diferentes tarefas a realizar. Todos eles lle darán aos participantes a mellor das atencións e a posibilidade de vivir unha experiencia única nun ambiente lúdico e deportivo.

Ademáis, os pobos de Porto do Son e Riveira, ofrecen un marco único. Ás boas instalacións das localidades (campo de fútbol, polideportivo, albergue, piscina…) únense un espazo natural fantástico (praias, montañas, río…) que permitirán aos participantes disfrutar plenamente deste Summer Camp.

Vero Boquete: «Non encontro mellor maneira de educar que mediante o xogo e o deporte»

Para a xogadora do París Saint Germain supón unha «enorme ledicia» poder seguir adiante con novos proxectos da Escola Vero Boquete e inaugurar o seu campus de verán tras a celebración da sexta edición do seu campus de Nadal.

O prazo de inscripción xa está aberto, pechándose cando se escoten as prazas dispoñibles.

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS:

Email: info@veroboquete.com

Teléfono: 646 974 375

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio